Vilagarcía recupera a visita de cruceiros tras case dous anos sen escalas

VILAGARCÍA> Vilagarcía recuperou esta fin de semana a visita dos cruceiros. Despois de case dous anos sen visitas, dous buques turísticos fixeron escala na capital do Salnés. A visita supuxo o desembarco de máis de 2400 persoas entre visitantes e tripulación.

Esta fin de semana as visitas dos cruceiros volveron a Vilagarcía de Arousa. Coa parálise provocada polo confinamento na pandemia, e as seguintes restricións, a vila non puido recibir buques turísticos durante máis dun ano e medio. A boa evolución dos datos sanitarios, a vacinación e a relaxacións das restricións, permitiron que os cruceiros puidesen volver facer escala en Vilagarcía.

Foron concretamente dous buques os que permitiron que a nova normalidade comezase para o Porto de Vilagarcía. Os cruceiros Marina y Bolette atracaron o sábado nos portos de Camboa e Ferrazo. Entre as dúas embarcacións, desembarcaron en Vilagarcía máis de 2400 persoas, incluíndo tripulación e visitantes.

O primeiro dos barcos, o Bolette, chegou ao porto de Ferrazo procedente de Motril. É un buque con bandeira das Bahamas e cun tamaño de 237 metros de eslora. Operado pola compañía Fred Oslen nel viaxan 480 turistas e a súa seguinte escala será o porto de Dover, en Inglaterra.

O segundo buque en atracar foi o Marina. Unha embarcación con bandeira nas Illas Marshall e 239 metros de eslora. O cruceiro, procedente de Xixón, fixo o seu atraque no porto de Comboa coa visita de 477 pasaxeiros. A súa seguinte escala será no país veciño de Portugal, concretamente ao porto de Leixoes.

A escala de ambos buques supuxo a volta á actividade da visita de cruceiros turísticos a Vilagarcía. Por iso, o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, intercambiou cos capitáns unhas placas conmemorativas de bo protocolo.

A escala permitiu aos visitantes coñecer Vilagarcía. Algúns tamén aproveitaron a oportunidade para visitar outras vila próximas como Santiago de Compostela ou Pontevedra. A nota negativa da xornada foi o mal tempo, o que obrigou a acortar a visita dos dous buques.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí