Porto do Son revalida a Bandeira Verde de Galicia

PORTO DO SON> A Xunta de Galicia, a través da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciaba esta mañá a concesión, por segundo ano consecutivo, da Bandeira Verde de Galicia ó concello de Porto do Son.

Dende o departamento que dirixe Ángeles Vázquez recoñécese así o esforzo e a implicación deste municipio na protección da paisaxe e o patrimonio natural.

Xunto ó sonense, Medio Ambiente tamén distinguiu coa Bandeira Verde ós municipios de Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober.

O dito recoñecemento estaba aberto a tódolos concellos de Galicia que desenvolveran actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático ou a eficiencia enerxética, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí