RIANXO> O patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, pide a intermediación da consellería do Mar, ó ver que o futuro do sector pende dun fío.
Rianxo volve a mostrar o seu rexeitamento á actual xestión do libre marisqueo en Arousa por parte de Rañeir@s.
O patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, insiste na falla dun plan real de traballo no que se promovan rexeneracións e vixilancias, entre outras actuacións, e non se dean escusas, en referencia ás causas naturais, que di Rañeir@s para valorar o mal estado dos bancos marisqueiros.
Rianxo pídelle á Xunta que tome cartas no asunto, para tratar de buscar outra alternativa de xestión do libre, xa que o futuro do sector está en xogo.
Das doce confrarías da Ría que constituíron Rañeir@s, a día de hoxe tan só quedan catro: O Grove, Cambados, Vilanova e a Illa.