O BNG ve unha nova ‘improvisación’ na rehabilitación de Pontenafonso

OUTES> Neste caso os nacionalistas denuncian a solución que se lle deu para a canalización do cableado de telefonía que cruza a ponte. Consideran que se trata dun atentado patrimonial en toda regra, polo que piden a paralización cautelar das obras.

Así de rotundo se manifestou o historiador e investigador local, Xoán Mariño, ó ver o resultado das obras de rehabilitación de Pontenafonso. Coincide coa opinión do BNG que, a pesar de estar de acordo coa súa recuperación, considera que a solución que se lle está a dar é un claro atentado ó patrimonio.

Por segunda vez o BNG levará ó Parlamento este asunto. A primeira foi pola solicitude de restitución do peitoril de pedra orixinario da ponte, pola que tamén agardan resposta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí