VILANOVA> Un dos puntos habilitados para administrar a vacinación simultánea foi o centro médico de Vilanova. Hoxe estaban citadas preto de 100 persoas maiores de 65 anos para recibir algunha das doses. A previsión neste centro é vacinar a mil persoas ao longo de dúas semanas.
Unha picada nun brazo, e outra noutro. Estas imaxes repetíronse nos diferentes puntos habilitados da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés. En total foron 15 os espazos hablitados para administrar simultaneamente a terceira dose fronte á covid e a vacina da gripe. Un destes puntos é o centro médico de Vilanova. Alí citáronse hoxe a preto de 100 persoas.
Todos os convocados recibiron a vacina da gripe, pero ademais, os maiores de 80 anos recibiron tamén a terceira inxección contra á covid 19.
Os vacinados mostrábanse contentos de recibir as doses.
Ademais de sentirse máis seguros.
Dende o Sergas destacan a importancia de recibir estas doses para combater os efectos negativos de ambos virus.
Ademais do centro de Vilanova, na zona do Salnés tamén se habilitou o propio hospital e os centros médicos de Cambados, O Grove e Sanxenxo. En Pontevedra a convocatoria realizouse no Hospital de Montecelo e nos servizo de Pontevedra peregrina, a Parda e Lérez. Na comarca de Caldas o punto de vacinación estableceuse no servizo médico de Caldas de Reis.