Portos inicia o reflotamento do pesqueiro L´etel afundido no peirao de Ribeira

RIBEIRA> A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciou esta mañá a reflotación e xestión dos restos do buque pesqueiro L´Etel, afundido no porto de Ribeira en xaneiro de 2020.

Unha vez rematada a complexa tramitación administrativa requirida, e ante a falta de resposta dos seus propietarios, ós que se instou a asumir a tarefa directamente por ser súa a responsabilidade, Portos de Galicia contratou estas actuacións por un importe duns 332 mil euros, un investimento que adiantará o ente público.

Os traballos, que contan cun prazo de execución de ó redor de cinco meses, consisten na reflotación e remolque do buque, e o traslado dos restos ata un centro de despezado autorizado para a súa xestión. Nos vindeiros días realizarase a inspección do pecio e a extracción dos residuos que se atopen a bordo do buque e a súa xestión por unha entidade autorizada.

O servizo contratado inclúe tamén as actuacións de sinalización, balizamento e preparación dos accesos e zonas de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí