Ribeira elabora un plan local de desescalada para o sector servizos

RIBEIRA> O concello de Ribeira plantexa un plan de desescalada gradual para o sector servizos. O executivo creará grupos de traballo coa hostalería, o comercio e o turismo para deseñar as medidas necesarias de cara á recuperación da actividade.

Unha vez constituídos os grupos de traballo, comezarán as reunións por videoconferencia. O obxectivo é que os propios sectores afectados propoñan as medidas a adoptar unha vez se autorice a volta á actividade que será gradual e con protocolos de prevención.

Do mesmo xeito, o concello está a deseñar tamén nas medidas a aplicar nos servizos municipais. Cando se retome a actividade presencial tanto traballadores como usuarios serán sometidos a controis de temperatura e deberán cumprir coas normas de hixiene e desinfección ó acceder ás instalacións. Tamén se procederá á colocación de mamparas e outros elementos de protección para garantir a seguridade do persoal municipal e dos veciños.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí