RIANXO> O bar A Lareira foi o lugar escollido para a presentación da sétima edición da ruta de tapas de Barbanza Arousa, unha cita xa consolidada nas actividades programadas pola Mancomunidade co fin de apoiar ó sector hostaleiro e comercial da comarca, ó tempo que desestacionalizar tamén a oferta turística, nunha época ademais de tempada baixa de visitas.
Na edición deste ano participarán máis de corenta establecementos dos catro concellos, e o formato será semellante ó de anos anteriores.
Outro ano máis a proposta contará coa colaboración de tres adegas da zona: Cazapitas, Saborido e Entre Os Ríos da indicación xeográfica protexida viños da Terra do Barbanza e Iria que poderán degustarse acompañando ás tapas.
A ruta arrancará esta fin de semana en Rianxo, e durante as seguintes fins de semana de novembro seguiranlle Boiro, a Pobra e Ribeira.