SALNÉS> Máis de 70 gatos falecidos na comarca do Salnés polo virus da panleucopenia. A enfermidade, da que xa alertaran dende o concello de Meis, estendeuse agora polo resto de concello da comarca. Dende as protectoras recomendan aos donos das mascotas que non saquen aos seus animais á rúa.
O concello de Meis alertaba o pasado mes dun virus que se estaba propagando entre os gatos e que xa causara a morte de polo menos tres animais. Neste tempo, a enfermidade continuo expandíndose afectando aos gatos de toda a comarca. Dende o refuxio de animais de Cambados contabilizan polo menos 70 mortos nos diferentes concellos, cifras que poderían ser máis elevadas ao perder o rastro de moitos gatos rueiros.
Dado a expansión deste brote de panleucopenia, dende o refuxio alertan a toda a veciñanza do Salnés que evite que as súas mascotas entre en relación con outros animais.
As protectoras de animais e as casas de acollida pecharon a recollida de gatos temporalmente debido ao alto número de animais contaxiados. A vacinación é a única maneira de evitar que o virus continúe contaxiando.
Os primeiros síntomas de que os gatos están contaxiados e a través da diarrea e a falta de apetito. Se atopan algún animal con estes síntomas é importante chamar á protectora ou ao concello. A mortalidade deste virus entre os gatos non vacinados rolda o 90%.