Remolcan a porto a un pesqueiro con base en Portosín que quedou á deriva

PORTO DO SON> O pesqueiro ‘Playa da Cruz’, con base en Portosín, con catro mariñeiros a bordo tivo que ser remolcado esta pasada madrugada a porto, ó quedar á deriva por un cabo enredado na súa hélice.

Segundo informou Salvamento Marítimo, o aviso do incidente producíase ó redor das catro da mañá.

Ata o lugar mobilizouse á Salvamar Regulus, que se encargou de remolcar ó pesqueiro ata o porto sonense.

Por fortuna, esta vez, todo se quedou nun susto, e ningún dos seus tripulantes sufriu dano algún.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí