SALNES> A xunta de Galicia ofertará 23 prazas médicas na comarca do Salnés. 15 prazas estarán reservadas para o hospital do Salnés e as 8 restantes repartiranse entre a atención primaria dos diferentes centros médicos da comarca. A previsión é que a convocatoria se publique en maio e completar a incorporación dos sanitarios ao longo do verán.
A xunta de Galicia aprobou no parlamento a lei de provisión extraordinaria de prazas de difícil cobertura. Grazas a esta lei, a consellería convocará 400 prazas médicas por concursos de méritos sen oposición. Destas prazas, 23 irán destinadas á comarca do Salnés. 15 será para o hospital do Salnés.
As outras 8 repartiranse entre os diferentes centros médicos da comarca.
Estas prazas teñen unha permanencia de 2 anos no posto adxudicando, segundo o conselleiro, isto garante a atención durante este tempo. Ademais tamén permite contratar a residentes Mir unha vez especializados.
A convocatoria destas prazas farase efectiva no mes de Maio. A previsión da consellería é ir incorporando ao profesionais sanitarios ao longo de todo o verán.