‘Écociña no Camiño’ dá a coñecer a peregrinos e turistas a oferta da hostalería nas rutas xacobeas

VIGO> Converte-la gastronomía no Camiño como un atractivo máis para viaxar a Galicia. Ese é o obxectivo do programa Écociña, impulsado pola Xunta. A iniciativa busca dar a coñecer a peregrinos e turistas a oferta hostaleira nas distintas rutas xacobeas. Unha proposta que busca poñer en valor a gastronomía autóctona, sostible e que teña os produtos de proximidade como protagonistas.

Un atractivo máis para camiñar a Galicia é a gastronomía. En pleno Xacobeo, a Xunta quere seguir apostando pola hostalería galega, a través da iniciativa Écociña, que viviu en Vigo o seu acto central. Unha proposta pensada para dar a coñecer a peregrinos e turistas a oferta da hostalería galega nas rutas xacobeas. Porque, di Rueda, é o momento de seguir apostando polo sector e os seus profesionais.

Écociña no Camiño desenvolveuse ao longo do segundo semestre deste ano a través dun estudo da situación da hostalería no Camiño, un rastrexo de recursos gastronómicos e unha labor de sensibilización sobre a sostibilidade aos hostaleiros. Porque ese é, precisamente, un dos eixos da iniciativa.

O programa incluíu tamén a presentación de menús autóctonos elaborados con produtos de proximidade aos profesionais do sector ao longo das distintas rutas. Tamén demostracións en prazas de abastos e actos específicos en feiras especializadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí