Alfonso Villares destaca en Rotogal a importancia da cadea mar-industria como motor económico de Galicia

BOIRO> O Conselleiro do Mar realizou unha visita á comarca do Barbanza para coñecer varias instalacións e empresas enmarcadas na cadea mar-industria. Tras unha primeira parada na fábrica de Rotogal en Boiro desprazouse ata a praza de abastos da Pobra.

O impulso do sector pesqueiro e de toda a cadea que supón o complexo mar industria é unha das prioridades da Consellería do Mar apoiando o crecemento deste tecido empresarial que supón máis do 5 por cento do produto interior bruto de Galicia.

Mostra deste compromiso foi a visita realizada esta mañá ás instalacións de Rotogal no polígono boirense de Espiñeira onde tivo ocasión de coñecer a actividade do grupo empresarial dedicado á fabricación de contedores, envases e materiais destinados en gran medida a abastecer ó sector pesqueiro.

Ademais do esforzo que tanto as empresas como a Xunta están a realizar para reflotar o sector nun ano especialmente malo para a pesca, o Conselleiro apela á implicación do resto das administracións e volve demandar ante o goberno central a baixada do IVE para o peixe para fomentar o seu consumo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí