Portonorte e Sanxexolandia entre as iniciativas de Sanxenxo para recuperar a ilusión do nadal

SANXENXO> Os nenos e nenas serán os protagonistas da programación deste nadal en Sanxenxo. A vila prepara iniciativas como a recepción de Papa Noal ou a dos reis magos, ademais de diferentes xogos no pavillón de Baltar. A programación complétase con actividades para todos os públicos.

O concello de Sanxenxo deu comezou ao nadal o día 1 de decembro co acendido do seu alumeado municipal. Agora, a concellería de cultura presenta a programación de actividades que se realizarán na vila nestas datas festivas. Iniciativas que comezarán o día 24 co Portonorte.

O 27, 28 e 29 terá lugar as actividades no pavillón de Baltar para a xente moza maior de 12 anos.

O día 31 comezará coa queima dos calendarios e a toma das doce uvas e pola tarde terá lugar o chapuzón solidario.

Os días 3 e 4 os máis pequenos volverán ser os protagonistas con Sanxenxolandia, un centro de actividades no pavillón de Baltar que contará coa visita do Trasno Fantástico.

E o día 5 chegará o momento dos reis magos. As maxestades partirán cunha comitiva pola mañá no tren mago recorrendo as parroquias e pola tarde terá lugar a recepción cos nenos e nenas da vila.

O concello busca con toda esta programación que a vila de Sanxenxo recupere a ilusión e a alegría do nadal. A programación pecharase o día 6 co concerto da banda de música de Sanxenxo no Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán. Todas as actividades son gratuítas con capacidade máxima de ocupación segundo a orde de chegada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí