O ocio nocturno lamenta que os expertos non tomaseN medidas antes para evitar as perdas do Nadal

VILAGARCIA> Malestar no sector da hostalería e do ocio nocturno polas novas restricións da Xunta. Os hostaleiros están fartos de que se criminalice o seu sector e non entenden porqué o comité de expertos agardou ao nadal para tomar medidas. As perdas que sufrirán os establecementos son cuantiosas.

O aumento de casos activos por covid 19 volveu a obrigar á Xunta de Galicia a tomar medidas para frear os contaxios. E de novo, o sector máis prexudicado por estas restricións é o da hostalería e o ocio nocturno. As medidas chegan xusto cando os locais tiñan todo organizado para fin de ano.

A maioría dos locais cancelaron as súas festas de fin de ano. Parte das entradas, ao xestionalas unha empresa online, non se devolve ao hostaleiro, co que o establecemento terá que cubrir esa porcentaxe cos clientes, as perdas serán cuantiosas.

Os hostaleiros lamentan que o comité clínico tome estas decisións agora e non hai uns meses para evitar as restricións nunha época clave para a hostalería.

O sector está farto de que sempre os sinalen como os culpables. Tamén lamentan as axudas das administracións que consideran que son insuficientes.

Os hostaleiros non descartan comezar a mobilizarse diante das diferentes administracións para que deixen de culpalos e poidan traballar con normalidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí