CCOO acusa a Lores de coartar a súa libertade de expresión pola retirada dunhas pancartas

PONTEVEDRA> O ano arranca na cidade de Pontevedra cunha nova concentración dos traballadores de ENCE. Neste caso, pola retirada dunhas pancartas de Comisións Obreiras de varios puntos da cidade. Poñen o foco no alcalde da cidade, ao que acusan de querer coartarlles a súa liberdade de expresión.

Un acto ‘inaceptable dende o punto de vista democrático’. Así cualifican dende Comisións Obreiras a retirada dunhas pancartas en defensa da continuidade de ENCE instaladas en catro puntos da cidade de Pontevedra. Esta mañá, un reducido grupo de representantes sindicais concentráronse diante das portas do Concello para dar ‘unha rápida resposta’ a estes feitos. Din que atenta contra a súa liberdade de expresión e apuntan directamente contra o alcalde Lores.

As catro pancartas foron retiradas o pasado día 30. De momento CCOO non conseguiu recuperalas. Lamentan que haxa unha dobre vara de medir porque, din, a outros colectivos si que lle deixan poñer pancartas, incluso na zona vella.

O calendario de mobilizacións de ENCE continuará ao longo deste mes de xaneiro, iso si, condicionadas pola parada técnica da pasteira. Xa en febreiro, unha vez remate a parada, hai prevista unha marcha dende a propia fábrica ata o porto de Marín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí