PONTEVEDRA> En Pontevedra continúa o debate cruzado entre o goberno e o PP polos Orzamentos municipais para este 2022. As contas deron hoxe un novo paso cara a súa aprobación, ao recibir o visto bo da Comisión de Economía e Facenda. Pero os populares insisten en que son uns presupostos afastados da realidade.
Os presupostos de Pontevedra para este 2022 continúan avanzando na súa tramitación. Hoxe, esas contas superaron un novo chanzo, ao seren aprobadas na comisión de Economía e Facenda. Nesa comisión foi recibida a emenda presenta polo Partido Popular, e que a portavoz do Goberno definiu como ‘triste’. Anabel Gulías di que semella ‘unha simple valoración política’.
Pero os populares insisten no seu argumento. Din que non son uns bos orzamentos para Pontevedra e que están afastados da realidade.
As Contas de Pontevedra para 2022 superan os 85,9 millóns, o que supón un incremento de 5 millóns ao respecto de 2021. Serán aprobadas, de xeito definitivo, en Pleno este vindeiro venres.