RIBEIRA> Portos de Galicia retirará os bolardos e recolocará os bancos instalados no porto de Palmeira. Este foi o compromiso acadado na recente reunión mantida entre o alcalde de Ribeira e Conselleira do Mar. Rosa Quintana aclarou que se trata dunha actuación provisional.
Off
Portos de Galicia recollerá as demandas dos veciños de Palmeira que amosaron o seu malestar coa reordenación provisional do porto. Na xuntanza mantida co alcalde de Ribeira, tanto a Conselleira do Mar como a presidenta de Portos comprometéronse á retirada dos bolardos e á reubicación dos bancos. Con estes cambios habilitarase unha zona para o tráfico rodado, outro espazo para aparcadoiro e unha área peonil. A Conselleira do Mar quixo aclarar que en todo caso se trata dunha actuación provisional á espera de acometer a remodelación do porto deseñada polo arquitecto David Chipperfield.
Inserto
A intención da Xunta é que o propio arquitecto presente o proxecto ante as autoridades locais e os veciños de Palmeira para dar a coñecer a actuación prevista no porto palmeirán encamiñada a potenciar o atractivo natural con que xa conta esta zona.