O Estaleiro de Ciprián abre as súas portas convertido en museo de referencia da carpintería de ribeira

OUTES> Outes conta cun novo espazo museístico para a posta en valor da carpintería de ribeira. Este sábado abría as súas portas o estaleiro do Ciprián convertido nun centro de referencia en toda Galicia.

No marco incomparable que ofrece a enseada de Broña, emerxe o estaleiro do Ciprián como novo centro cultural e turístico de Outes. A construción, que data de principios do século XX, foi rehabilitada conservando a súa esencia orixinal para converterse nun museo sobre a carpintería de ribeira, actividade da que o municipio outense foi berce e na que segue moi presente.

Ademais de recuperar todo este patrimonio cultural, as administracións traballan da man para seguir mantendo viva a construción naval en madeira, como actividade económica puxante xeradora de emprego e riqueza.

A instalación componse de 5 salas  con distintas exposicións que ofrecen ó visitante un percorrido pola historia da carpintería de ribeira dende as súas orixes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí