PONTEVEDRA> Identificadas e propostas para sanción por saltarse as restricións pola covid19 unha vintena de persoas en Pontevedra. O grupo foi localizado pola Policía Local cando participaba nunha festa pasadas as 4 da madrugada o día 22 de xaneiro, nun baixo da rúa San Nicolás.
Unha festa nun baixo da rúa San Nicolás, en Pontevedra, remata cunha vintena de persoas identificadas e propostas para sanción. O grupo incumpría varias das restricións activas en Galicia para frear o avance da covid19.
A festa foi descuberta por unha patrulla da Policía Local ao redor das 4 e 15 da madrugada. As vinte persoas estaban nun baixo que na actualidade non ten actividade, pero que acollera un local de hostalería.
Dende o concello lamentaron este episodio e fixeron un chamamento á responsabilidade da venciñanza.
Gulías sinalou tamén que había semanas que non se producía ningún episodio de incumprimento das restricións anticovid que están activas agora mesmo en Galicia.