O BNG denuncia novamente a falla de transparencia no proceso de reapertura de Sanfinx

LOUSAME> Os nacionalistas levarán ó Parlamento Galego e tamén ó pleno de Lousame sendas iniciativas para coñecer as razóns que levaron á Xunta a un cambio de postura sobre a reapertura de Sanfinx, e fale agora da necesidade do estudo de impacto ambiental para poder reabrir a explotación mineira cando anteriormente non o vía necesario.

O BNG tamén quere que a Xunta lle esixa á nova adxudicataria que se cumpran tódalas garantías no proceso de reapertura da explotación, incluíndo os avais necesarios que cubran calquera posible incidente que puidera producirse no futuro.