NOIA> O concello de Noia iniciou hai uns días os traballos de demolición desta antiga vivenda, emprazada na saída da rúa República Arxentina. O inmoble invadía a calzada deixando un paso moi angosto nunha vía con gran tránsito de vehículos xa que conecta o barrio de San Breixo coa ponte de San Francisco.
O concello acometerá tamén unha actuación similar para a eliminación dun punto moi estreito na conexión entre a rúa da Calzada e a da Carcacía, tras chegar a acordo cos propietarios para o retranqueo dos muros.