Noia consolídase como destino de turismo cultural

NOIA> Balance do máis satisfactorio do peche da tempada estival en Noia. Os datos recollidos na oficina de turismo revelan un notable incremento de visitantes entre os meses de xuño e setembro.

Noia consolídase como un referente de turismo cultural. Así o constata o incremento de visitantes que pasaron pola oficina de turismo da vila entre os meses de xuño e setembro. case 7000 persoas procedentes de distintos puntos do territorio nacional e doutros países, supoñendo o turismo internacional un 7’5 por cento.

Este bo balance débese en gran parte a esa ampla oferta cultural e á súa estratexia de promoción con ampla presenza en redes.

Precisamente nese afán de desestacionalizar o turismo ten un papel moi destacado a mostra de curtas que se celebrará este mes de outubro atraendo ata a Noia a numerosos visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí