NOIA> Unha representación da Plataforma contra as verteduras das Minas de San Finx concentrouse esta mañá ás portas do Xulgado de Noia en sinal de repulsa contra a empresa que xestiona o complexo mineiro e os intentos desta por silenciar as protestas.
Fíxoo ademais coincidindo coa comparecencia nos Xulgados de varios membros de Ecoloxistas en Acción denunciados pola firma a raíz dun acto simbólico realizado en xullo no que taponaron a tubaxe pola que presuntamente se realizan os vertidos ilegais.
Na concentración, os membros da Plataforma cargaron contra a Xunta, demandando que paralice o bombeo e que se cumpra coa legalidade, revogando dunha vez por todas a autorización do vertido.
Dende a Plataforma anunciaron tamén de que seguiran pelexando contra un proxecto que carece de informe de impacto ambiental e que podería supoñer graves prexuízos económicos e ambientais para a zona.