Unha guía recolle as 145 especies de aves localizadas na Xunqueira de Alba

PONTEVEDRA> 145 tipos de aves foron localizadas nos últimos anos na Xunqueira de Alba de Pontevedra. Todas elas aparecen inventariadas e fotografadas na segunda edición da Guía de Aves deste espazo natural. Trátase dunha edición máis completa que a anterior, na que se recollen 12 novas especies avistadas na última década. Entre elas, diversos tipos de garzas ou parrulos e mesmo un pelícano.

A primeira guía de aves da Xunqueira de Alba publicouse no 2010 con 133 especies localizadas. A segunda edición desta publicanción ve a luz agora cun dato positivo: o incremento da diversidade neste espezo ao ter constancia da presenza doutras 12 novas especies. A publicación, polo tanto, documenta a presenza desas 145 variedades das que houbo contancia na última década. Delas, 75 especies contan cunha detallada ficha que lle pon nome e apelidos ás aves que podemos atoparnos dando un paseo pola Xunqueira.

Entre as variedades atopadas nos últimos anos neste Espazo Natual de Interese Local, distintas especies de garza e de parrulo, varios cirrios pálidos –migradores transaharianos- e mesmo un pelícano avistado en 2017. O exemplar fixo unha curiosa escapada dende Francia, deixándose ver pola Coruña e Pontevedra.

A guía está editada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra. Iván Puentes salienta o incremento do número de aves que se recollen na guía, que considera unha boa ferramenta para divulga-la enorme riqueza deste espazo natural.

E confía en que este manual sirva para apoia-los pasos que o Concello quere dar para recupera-lo humidal, unha vez desaparezan o parque de maquinaria e a imprenta da Deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí