Pontevedra prohíbe encher piscinas, lavar vehículos e regar xardíns para reducir o consumo de auga

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra toma medidas para reducir o consumo de auga. A seca levou á semana pasada á Xunta de Galicia a decretar o nivel de prealerta polo baixo caudal do río Lérez, do que se abastece a localidade. A partires de mañá, os pontevedreses terán prohibido encher piscinas, lavar os coches ou regar. Os servizos municipais tamén limitarán as regas e os baldeos.

Pontevedra toma medidas para facer fronte á seca. Dende a semana pasada, o baixo caudal do río Lérez levou á Xunta de Galicia a decretar o nivel de prealerta. Hoxe o concello emitiu un bando para reducir o consumo de auga do abastecemento municipal.

Para este nivel de prealerta, o concello prohíbe o uso de agua apta para o consumo humano para encher piscinas, regas de xardíns e limpeza de coches por particulares. Ademais, os serivzos municipais xa están reducindo os baldeos e as regas.

Tamén se promove a instalación de dispositivos de aforro doméstico para evitar o uso innecesario da auga, o peche da billa durante o cepillado ou, no caso das emprsas e industrias, minimizar o consumo.

Hoxe a xunta de goberno local aprobou tamén un ‘Plan excepcional de actuacións ante situación de escaseza coxuntural de recursos hídricos’. Establece catro niveis: normalidade, prealerta, alerta e emerxencia. Agora mesmo estaríamos nunha situación de prealerta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí