Asaltan a vivenda do exalcalde de Boiro levándose un botín duns quince mil euros

BOIRO> Desgustado, con rabia e impotente. Así se sente o exalcalde boirense, Xosé Deira, despois de ver como a súa casa foi asaltada polos ladróns. Ó parecer entraron por unha fiestra da parte traseira. En apenas vinte minutos desvalixaron toda a vivenda. Os ladróns aproveitaron que non había ninguén na casa nese momento.

Á espera de realizar un balance máis detallado do roubado, o botín que se levaron os ladróns podería roldar os 15 mil euros, entre diñeiro en metálico e xoias.

A Policía Xudicial da Garda Civil abriu xa unha investigación para dar co paradoiro dos asaltantes. Todo apunta a que se trata dunha banda organizada que, con carácter itinerante, se move por todo o ámbito nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí