BOIRO> O inicio do curso escolar foi especialmente reivindicativo en varios centros educativos do Barbanza. En Boiro, colexios e institutos convocaron un mércores negro polo que numerosos alumnos e mestres acudiron vestidos de loito. En Rianxo, a cor protagonista foi o azul en solidariedade cos alumnos que padecen trastorno do espectro autista.
O recorte de profesorado, sobre todo no que respecta a especialistas e mestres de apoio, marcou o inicio do novo curso. No Barbanza desenvolvéronse unha serie de protestas e actos simbólicos para amosar o malestar das ANPAs. En varios centros educativos de Boiro, pais, alumnos e mestres vestíronse de negro para simbolizar que a educación pública está de loito.
En Rianxo, foi o azul a cor predominante co que concello, os centros educativos e diversos establecementos comerciais amosaron o seu apoio ó alumnado con necesidades específicas. Nestas reivindicacións, a comunidade educativa conta co apoio de BarbanTEA.
Dende BarbanTEA advirten da importante merma da calidade educativa que suporá a falla de profesionais polo que animan a toda a comunidade educativa a secundar novas accións de protesta.
Fronte a esta situación critican o triunfalismo da Xunta que tan só utiliza as como criterio sen atender á alta porcentaxe de alumnado con necesidades de apoio educativao. Insisten ademais en que non se trata dun problema exclusivo do Barbanza senón que teñen coñecemento de situacións similares noutros concellos como Cee ou Laxe.











