IC Boiro demanda melloras no mantemento do paseo de Carragueiros

79

BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro denuncia o mal estado do paseo marítimo de Carragueiros. Demandan un maior mantemento por parte do concello co fin de evitar riscos ós usuarios. Iniciativa Cidadá de Boiro fixo pública a súa preocupación ante o avanzado estado de deterioro que presenta o paseo marítimo de Carragueiros. Segundo Manuel Velo, o problema non reside na falla de mantemento senón no material. O rápido deterioro da amdeira non o converte no máis idóneo para estas infraestruturas polo que demandan ó concello que non siga a utilizalo neste tipo de instalacións. Por outra banda, demandan tamén a toma de medidas para acometer a rexeneracion da lagoa de Carragueiros que na actualidade se atopa practicamente seca.