Seis pesqueiros galegos e portugueses manteñen a busca de restos do Villa de Pitanxo en Terranova

PONTEVEDRA> Sen novidades en Terranova do naufraxio do Villa de Pitanxo. Os seis buques pesqueiros que faenan na zona continuarán ata mañá buscando de xeito activo algún resto da embarcación, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas. Mañá está previsto que as familias se reúnan co director xeral da Mariña Mercante ás 7 da tarde. Un encontro que figuraba entre os compromisos do presidente Pedro Sánchez e que onte reiterou o delegado do Goberno ás familias dos 12 tripulantes desaparecidos.

As familias dos 12 tripulantes desaparecidos reuniranse mañá co director xeral da Mariña Mercante. O encontro, que será ás 7 da tarde, figuraba entre os compromisos do presidente Pedro Sánchez, e que onte lles reiterou o delegado do Goberno.

A cita supón un paso adiante nas reclamacións das familias. Onte foron citadas na subdelegación do Goberno en Pontevedra a un encontro co Delegado, José Miñones. Polo de momento non hai novidades na zona pero catro barcos españois e dous portugueses están a buscar de xeito activo calquera pegada do Villa de Pitanxo no punto do naufraxio, en Terranova.

Tras máis de hora e media de encontro, achegaron posturas e ofreceron por primeira vez unha comparecencia conxunta dende o naufraxio.

O delegado do Goberno asegurou que se mantén o contacto co executivo do Canadá pero que tamén se están a estudar alternativas con medios españois para continuar cos labores de busca dos 12 desaparecidos do Villa de Pitanxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí