O Coworking da Pobra celebra este xoves unha xornada de portas abertas

A POBRA> O Coworking da Pobra acolle este xoves unha xornada de portas abertas. Aínda que está aberta á poboación en xeral, diríxese principalmente a novos emprendedores que poidan instalarse neste espazo colaborativo.

Co obxectivo de dar a coñecer as instalacións do coworking non só na Pobra senón en toda a comarca, o concello da Pobra organizou unha xornada de portas abertas.

As instalacións poderán visitarse en horario de dez a dúas e de catro e media a seis e media. Durante a visita poderá solicitarse coita para a asistencia técnicas e resolveranse todas aquelas dúbidas relacionadas co funcionamento do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí