Acuaes calcula que a estación de bombeo de Raxó podería entrar en funcionamento nuns cinco meses

POIO> Esta actuación para solucionar os problemas de saneamento destes concellos da beira norte da ría de Pontevedra incluíu tamén outras intervencións como a ampliación da depuradora de Paxariñas, en probas dende hai uns días, ou a construción da nova estación de bombeo en Raxó, no concello de Poio.

Esta infraestrutura está pensada para conectar este núcleo e o de Samieira ao ampliado e renovado sistema de depuración. A obra está finalizada, pero aínda non entrou en servizo pendente de fixar o punto de subministro para a acometida eléctrica necesaria.

Dende o concello de Poio advirten que ata que isto non se produza, o municipio seguirá vertendo directamente á ría polo que urxen a súa posta en marcha. Pola súa banda, dende Acuaes aseguran que xa están a traballar no proxecto para poder realizar esta conexión á rede eléctrica. E calculan que a estación de bombeiro podería entrar en funcionamento nuns cinco meses.