NOIA> Baixo a organización un ano máis da Asociación Mototurística Ría de Noia, esta vindeira fin de semana celebrarase a décimo cuarta edición da concentración moteira, un evento que, co paso dos anos, está a adquirir unha maior relevancia.
A cita terá lugar dende o venres ata o domingo. A organización, como fixo xa en edicións anteriores, ten programado para eses días un amplo abano de actividades que incluirán propostas lúdicas e gastronómicas, con rutas e degustacións por varios puntos da comarca.
Outro dos apartados máis chamativos desta concentración serán as exhibicións este ano a cargo de Cuadrado Stunt nas noites do venres e o sábado, sen esquecer tampouco a tradicional ruta de noite con antorchas para lembrar os moteiros falecidos.
–inserto
Dende a organización lamentan que ó final tiveran que suspender o espectacular show acrobático aéreo, unha actividade na que puxeran moito empeño e traballo, pero que por cuestión alleas a eles non poderá organizarse.
Dende Asociación Mototurística Ría de Noia agardan unha gran participación, esperando superar o millar de participantes.
Tamén agradecen a colaboración das empresas e casas comerciais que colaboran coa cita xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder organizala.