Núñez Feijóo confirma a súa candidatura: ‘No vengo a insultar a Pedro Sánchez, vengo a ganar a Pedro Sánchez’

SANTIAGO> Coa voz tomada pola emoción e o auditorio en pé. Así confirmaba esta tarde Alberto Núñez Feijóo a súa candidatura a presidir o Partido Popular nacional.

Fíxoo a pouco máis de dez minutos de comezar a súa intervención ante a xunta directiva do PPdeG. Un discurso no que deixou claro que a súa intención é volver unir o partido e recuperar aos votantes perdidos nos últimos tempos.

Tamén adiantou que a súa intención é abandonar a política de trincheiras, presentando unha oposición forte ante Pedro Sánchez.

Núñez Feijóo explicou ademais porque decidiu dar agora un paso adiante e non no 2018. Considera que o momento actual é peor que na que se vivía naquel entón. Unha situación, explicou, límite, cun goberno que non está preparado para afrontala.

Arroupado polos populares galegos, o seu líder repasou a súa traxectoria de 16 anos á fronte do PPdeG e de 13 como presidente da Xunta. Unha carta de presentación que como xa confirmou esta tarde levará ao Congreso extraordinario do Partido Popular dos días 1 e 2 de abril en Sevilla, no que a formación escollerá ao sucesor de Pablo Casado e ao que Núñez Feijóo chega xa co apoio público dos baróns da formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí