A POBRA> Pesar no tecido empresarial do Barbanza trala morte de Luís Simarro López, fundador de Congalsa. Natural de Madrid, Simarro levaba afincado na comarca dende 1990 cando fundou a compañía emprazada en Ribeira durante os seus primeiros anos e posteriormente trasladada á Pobra coa posta en marcha da factoría do polígono da Tomada na que traballan actualmente unhas 600 persoas.
Pai de catro fillos, dous dos cales continúan coa súa actividade á fronte de Congalsa, Luís Simarro era unha persoa moi querida e respectada na comarca.
Os seus restos mortais están a ser velados no Tanatorio Crematorio do Barbanza. O funeral celebrarase mañá martes ás catro da tarde na Igrexa Parroquial de San Pedro de Palmeira.











