Portos de Galicia rectifica as obras na Pobra ante a queixa do BNG no Parlamento

A POBRA> Portos de Galicia rectifica despois de que o BNG levara onte ó Parlamento galego unha queixa pola realización dunhas obras na Pobra, que segundo explican os nacionalistas van a afectar ós traballadores.

O motivo da discordia, a colocación de 84 contedores na zona comercial do Porto da Pobra. O BNG levou onte ó Parlamento de Galicia unha queixa para que Portos de Galicia rectificase na concesión destas obras.

Malia que a presidenta de Portos de Galicia asegurou que a concesión outorgouse cumprindo tódolos trámites e normativas, o certo é que o ente xa anunciou que están a traballar para buscar unha solución. Segundo o Bloque, a realización destas obra non pode prexudicar ós traballadores.

Dende o BNG pobrense tamén denuncian o mal estado, no que aseguran, se encontra o porto da vila e cargan duramente contra o ente.

Os nacionalistas maniféstanse esperanzados ca rectificación de Portos e din que na zona hai espazos “ociosos” nos que por os contedores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí