Inaugurada en Ribeira a exposición de gravado ‘Aires da miña Terra’

RIBEIRA> Inaugurada en Ribeira a exposición ‘Aires da Miña Terra; Gravado V33’, unha escolma de gravados que recrea o poemario de Curros Enríquez. Poderá visitarse ata o 26 de abril no Centro Cultural Lustres Rivas.

Tras recalar na localidade portuguesa da Guarda, a exposición de gravados ‘Aires da Miña Terra, Gravado V33’ xa se pode visitar na sala de exposición do Lustres Rivas en Ribeira. Está composta dunha escolma dos traballos de 26 artistas que participaron nun obradoiro desenvolvido hai dous anos polo museo de artes do gravado coincidindo co 140 aniversario da publicación do poemario de Curros Enríquez.

Un dos artistas, Antonio Pérez, quixo destacar o papel dos mestres Antonio Navarro e José Fuentes e os seus coñecementos sobre esta novidosa técnica denominada gravado V33.

As obras permanecerán expostas na sala ribeirense ata o 26 de abril. Pódense visitar en horario de dez a dúas e de sete a nove entre semana, e os sábados de once a dúas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí