A CIG chama á mobilización o día 29 reclamando unha ‘saída galega xusta da crise’

VILAGARCÍA>  A CIG convoca mobilizacións contra o encarecemento da vida o vindeiro día 29. A central nacionalista organizará concentracións en todas as comarcas de Galicia. Din que as medidas que están a tomar a Xunta e o goberno central para palia-las consecuencias da crise non son suficientes. Reclaman un plan de choque para frea-lo que cualifican de efectos devastadores dos altos prezos.

A crise enerxética e dos carburantes, a suba de prezos e a perda de poder adquisitivo da clase traballadora levan  á CIG a mobilizarse. A central nacionalista convoca para o vindeiro 29 deste mes concentracións en diferentes puntos do país. Falan dunha ‘situación extrema’.

A CIG olla con especial preocupación a suba dos prezos na cesta da compra e dos carburantes e a enerxía. Poñen solucións enriba da mesa.

A central reclama unha ‘saída galega xusta’ porque -din- é a clase traballadora a que está a paga-las consecuencias.

A mobilización terá lugar de xeito simultaneo en distintos puntos de Galicia. Na nosa contorna, haberá actos en Pontevedra, Ribeira e tamén en Vilagarcía. En tódolos casos as marchas entán programadas para as 8 do serán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí