Medio cento de barcos de ACERGA suspenden a costeira da ancho ante a suba do gasóleo

PORTO DO SON> Os barcos de ACERGA que participaban na costeira da anchoa no Cantábrico permanecen amarrados dende este luns ante a suba do prezo do gasóleo. O encarecemento dos carburantes e a folga no transporte obrigaron a parar a máis de medio cento de embarcacións galegas.

A primeiros de mes arrancaba no golfo de Biscaia a costeira da anchoa. A campaña que se viña desenvolvendo en termos similares ó pasado ano viuse interrompida esta mesma semana co paro das embarcacións ante o encarecemento dos carburantes e a folga no transporte.

Á espera de decidir se retoman ou non a campaña o próximo luns, ante a baixada dos prezos anunciada polo goberno, son medio cento de embarcacións as que permanecen amarradas sen xerar ningún ingreso.

De igual modo, dende ACERGA reclaman a apertura da sardiña para aquelas embarcacións pequenas que non poden desprazarse ata o País Vasco.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí