A Xunta pide á delegación do goberno que garanta os servizos esenciais no transporte

RIBEIRA> A Xunta insta á delegación do goberno en Galicia a mobilizar ás forzas e corpos de seguridade do estado para garantir os servizos esenciais durante a folga do transporte. Así o afirmou a Conselleira do Mar durante unha visita realizada esta mañá á lonxa de Ribeira para coñecer a súa situación ante este paro.

A Xunta urxe á delegación do Goberno en Galicia a actuar ante a situación de parálise que se está a dar no sector primario por mor da folga no transporte. un dos sectores máis prexudicados é o pesqueiro polo que a Conselleira do mar desprazouse ata Ribeira para coñecer de primeira man que situación se está a vivir nunha das lonxas principais da comunidade.

Piden ó goberno do estado que mobilice as forzas e corpos de seguridade dentro das competencias que lle correspondan para escoltar ós transportistas que non secundan o paro garantindo así tanto a chegada de alimentos ás explotacións gandeiras como a saída de produtos tanto das gandeirías como das lonxas. Dende a Xunta reclaman tamén que se establezan coa plataforma que convoca a folga uns servizos mínimos esenciais para garantir o correcto funcionamento do sector agroalimentario.

Piden ademais outras medidas complementarias como a inmediata baixada de impostos dos carburantes e outros insumos claves para o sector primario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí