O Museo do Gravado acolle a mostra fotográfica ‘Nós somos elas’

RIBEIRA> Este mércores inaugurábase no museo de Artes do Gravado a exposición ‘Nós somos elas’ como último acto do programa de celebración do 8 M organizado polo concello de Ribeira. Esta mostra componse de 24 fotografías procedentes do arquivo fotográfico Xosé Vidal do Museo do Mar de Laxe.

A mostra poderá visitarse ata o 13 de abril nunha das salas do museo do gravado que tamén conta, na actualidade, cunha exposición de gravado arxentino e outra de linóleos de Picasso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí