A Deputación da Coruña incorpora melloras tecnolóxicas ó servizo de teleasistencia

BARBANZA> A Deputación da Coruña amplía o servizo de teleasistencia que chega xa a preto de 4000 persoas. A entidade provincial está tamén a introducir melloras tecnolóxicas no servizo para prestalo de xeito máis avanzado, incorporando un sistema de xeolocalización.

Preto de 4 mil persoas que viven en 90 concellos da provincia da Coruña beneficianse servizo de telesasitencia da Deputación da Coruña. Ribeira, xunto con Narón, Malpica, Oleiros e Ferrol figura entre os municipios con maior número de usuarios. Tras ampliar a cobertura, a Deputación traballa agora en introducir melloras tecnolóxicas que permitan avanzar nunha máis eficaz prestación do servizo.

A Deputación da Coruña destina anualmente 3 millóns de euros a este servizo, reforzando así a súa aposta polos servizos sociais.

O servizo é totalmente gratuíto e pode solicitarse a través dos servizos sociais dos concellos. Ademais de recibir chamadas de control por parte dos operadores, os usuarios poden realizar chamadas para dar conta de calquera incidencia ou emerxencia sanitaria. Así permanecen atendidos e acompañados as 24 horas do día dos 365 días do ano.