O Goberno non ve viable o rescate dos cadáveres dos desaparecidos do Villa de Pitanxo

[

PONTEVEDRA> O Goberno pon fin á busca de medios que permitiran chegar ata o Villa de Pitanxo, o pesqueiro afundido en augas de Terranova o pasado 15 de febreiro. Esta mañá, o delegado trasladou ás familias dos doce mariñeiros desaparecidos que o rescate dos corpos é inviable. Tamén descartan intentar baixar con robots para obter imaxes do pecio afundido.

Case mes e medio despois do afundimento en Terranova do Villa de Pitanxo, as familias dos 12 mariñeiros que continúan desaparecidos recibiron esta mañá outro duro golpe. O Goberno non intentará recuperar os cadáveres.

Segundo o responsable de Mariña Mercante, a única opción para rescatar os corpos pasaría por refrotar o barco. Algo que tampouco é posible.

Descartados os intentos de rescate dos cadáveres dos desaparecidos, o Goberno desbota tamén intentar intentar baixar con robots á zona na que se cre está o Villa de Pitanxo para obter imaxes do pecio.

A decisión foi comunicada esta mañá ás familias nun novo encontro na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.