PONTEVEDRA> Recompilar os recordos privados de familias e entidades relacionados co Golpe de Estado de 1936 para incorporalos ao Arquivo Provincial. É o obxectivo de Cae de Caixón, o novo programa impulsado dende o departamento de Memoria Histórica. Os que o desexen poderán achegar á Deputación de Pontevedra o seu material para achegalo á sociedade en xeral e aos investigadores da memoria.
Emma, veciña de Marín, é filla de Nieves Martínez, represaliada no 1936.
Nieves ten agora 103 anos e a súa familia animouse a entregar as fotografías deste recordó para que pasen á memoria colectiva.
O caso de Emma é un exemplo do que busca o departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra co seu novo programa, ‘Cae de Caixón’.
A cesión será tan só durante un tempo. Os orixinais serán devoltos aos seus propietarios despois de ser dixitalizados e catalogados por parte do persoal do Departamento de Patrimonio.
Todos os que queiran achegar o seu material poden contactar co departamento a través do correo electrónico memoriahistorica@depo.gal.