A asociación A Torre de Cambados restaura a dorna xeiteira A Rabandeira

CAMBADOS> A asociación de embarcacións tradicionais A Torre de Cambados restaura a Rabandeira, unha dorna xeiteira tradicional de Vilanova. Tras un ano de traballos, a asociación botou hoxe o barco ao mar no peirao de Santo Tomé. A falta dos últimos axustes, estará lista para navegar nas vindeiras datas.

A dorna xeiteira vilanovesa a Rabandeira gozará dunha segunda vida. Esta embarcación tradicional galega é un dos poucos barcos deste tipo, xa que na actualidade tan só se conservan menos de 10. A Rabaneira regresou ao mar grazas ao traballo da asociación de embarcacións tradicionais A Torre de Cambados.

O barco foi creado en 2001 en Ribeira por Domingo Ayaso para ser trasladado a Vilanova, onde viviu os seu maiores anos de gloria. Pero finalmente caeu no esquecemento ata que a asociación A Torre o rescatou para arranxar todos os seus danos.

A dorna xeiteira diferénciase pola súa estrutura e o seu tamaño.

A pesar de que o barco xa foi botado ao mar, aínda quedan algúns axustes para poder navegar nel.

Agora a Rabandeira será utilizada pola asociación para continuar poñendo en valor as embarcacións tradicionais.

A Rabandeira estará os próximos días no peirao de Santo Tomé e posteriormente será trasladada ao porto de Cambados. Os interesados en coñecer esta embarcación ou en navegar nela, poden poñerse en contacto coa propia asociación A Torre de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí