Os centros de vacinación abrirán o sábado en Galicia sen cita previa

GALICIA> O presidente da Xunta anunciou tamén que este sábado Galicia abrirá os centros de vacinación masiva. Desta volta será sen cita previa, para que poidan recibir a primeira dose todos os que queiran.

Con este obxectivo, e coincidindo co inicio do curso universitario, os días 13 e 14 e setembro habilitaranse puntos de vacinación nos sete campus galegos. Estarán dispoñibles para toda a poboación universitaria, tamén sen cita previa.

A día de hoxe, o 92,5% da poboación galega diana ten alomenos unha dose posta e o 85,8% ten a pauta completa. Segundo Núñez Feijóo, isto sitúa a Galicia como a segunda comunidade cos mellores datos. Fronte ao 89% de vacinas dispensadas en España, Galicia puxo o 97% das doses recibidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí