A ruta cabalar de San Marcos estrea a primeira credencial equina

NOIA> Noia prepárase para celebrar por todo o alto a Feira Cabalar do San Marcos. Ademais do día grande dos concursos desenvolverase previamente unha ruta cabalar que incorpora, por primeira vez, unha credencial equina para aqueles xinetes que opten por peregrinar a Compostela.

O luns 25 de abril, o recinto de San Lázaro acollerá a tradicional feira cabalar de San Marcos. Nesta edición repartiranse catro mil euros en premio en preto de medio cento de categorías a concurso. Previamente, o sábado 23 celebrarase a ruta cabalar San Marcos Portus Apostoli que, como novidade, incorpora a primeira credencial equina para a futura peregrinación a cabalo a Compostela.

Sen dúbida, tanto a feira como a ruta cabalar serán os pratos fortes das Festa de San Marcos. Catro xornadas de celebracións nas que se achegarán á vila as principais orquestras do panorama galego así como grupos musicais de referencia.

Dende a concellería de Cultura apostarán este ano por adiantar os horarios de moitas actividades para favorecer a afluencia de xente durante toda a xornada en apoio ó sector da hostalería e dos postos de feira que levan dous anos moi duros por mor da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí