A EDAR de Noia optimizará o seu rendemento grazas a un investimento de 3 millóns de euros

NOIA> A Xunta de Galicia investirá preto de 3 millóns de euros na mellora da depuradora de Noia. Nos próximos días, concello e Augas de Galicia asinarán o convenio que suporá a transformación integral da infraestrutura para optimizar o seu rendemento.

Augas de Galicia financiará integramente a reforma e mellora da capacidade da EDAR de Noia, a través dun convenio co concello que será o encargado do mantemento e explotación da depuradora, unha vez acometidas as melloras.  A actuación contará cun investimento de case tres millóns de euros que permitirá optimizar o rendemento da planta así como a instalación de novos equipos de desinfección máis eficientes.

As dúas administracións subscribiron tamén outro convenio que permitirá acometer melloras na planta potabilizadora de auga para acabar cos episodios de turbidez na rede municipal.

Ademais destas actuacións, o Plan director de saneamento contempla, a longo prazo,  a construción dunha nova depuradora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí