Nace ‘Vadetiendas’, a plataforma de venda online de Noia Histórica

NOIA> Na iniciativa que vén de poñerse en marcha participan un total de quince tendas integradas na entidade.

‘Vadetiendas’, a plataforma de venda online de Noia Histórica é un proxecto que leva fraguándose dende hai varios anos, aínda que por un ou outro motivo non chegou a materializarse. A chegada da crise da Covid foi o punto de inflexión necesario para que a entidade decidira apostar definitivamente por esta iniciativa.

A proposta aglutina a un total de quince tendas, pertencentes na súa totalidade ó sector téxtil e do calzado. No escaparate virtual máis de quince mil produtos ó alcance do cliente a un só click. A patronal noiesa ten moitas esperanzas nesta iniciativa e que a ela se vaian sumando novos negocios, incluso doutros sectores fóra do téxtil ou do calzado.

Entre as ventaxas para o usuario, descontos de ata un 10% nas súas compras ó rexistrarse ou o feito de que os envíos se realicen de xeito gratuíto cando se superen os cincuenta euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí