Sanxenxo e O Grove, unidos desde esta noite polas restricións da Xunta

SANXENXO> Dende esta medianoite, Sanxenxo pasará a estar na lista de concellos con restricións polo avance do coronavirus. O constante incremento de casos levou á Xunta a tomar a medida. Nestes momentos hai rexistrados 81 casos. Dende un concello recoñecen que o golpe será duro para o sector hostaleiro. Fan un chamamento ós veciños a extrema-las precaucións.

A mala evolución epidemiolóxica de Sanxenxo leva á Xunta a incluí-lo municipio na cada vez máis longa lista de concellos con restricións. O coronavirus está a golpear na localidade con forza, cun incremento constante de casos, ata rexistrar hoxe 81.

Malia o aumento de positivos, Sanidade non ten constancia de ningún gromo no municipio.

Dende esta medianoite, Sanxenxo estará pechado perimetralmente, uníndose ó Grove. É dicir, mecos e sanxenxinos terán agora total mobilidade entre os dous municipios, pero non poderán desprazarse a outras vilas. Ademais, as reunións quedan limitadas a persoas conviventes e decrétase o peche da hostalaría.

No Concello aproveitan para facer un chamanto ós veciños para que extremen as precaucións.

Sanxenxo únese así ó resto de concellos da zona que xa teñen restricións especiais: Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove, na comarca do Salnés, e Pontevedra, Poio e Barro, na bisbarra pontevedresa. As limitacións estarán en vigor en todos estes concellos, polo menos, ata o 4 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí